Sunday 28 de April de 2024

Vimianzo pon a disposición da veciñanza varios equipos informáticos en aluguer e de balde


Trátase dun servizo destinado ás familias que máis o necesiten. Esta mesma mañá comezou o reparto.

O Concello de Vimianzo pon a disposición da veciñanza que así o requira varios equipos informáticos en aluguer e totalmente de balde. Trátase dun servizo destinado a familias con escasos recursos e que necesiten para as súas tarefas diarias ou laborais estes equipos.

Así, e vencellado ao servizo de entrega de deberes a domicilio e das tarefas de estimulación cognitiva dos obradoiros de memoria, a administración vimiancesa tamén fará entrega a domicilio destes equipos. Trátase de ordenadores portátiles que tiña xa a disposición o Concello. Esta mañá xa comezaron no reparto, no que unha familia se beneficiou do mesmo. Fixo entrega do ordenador a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez.

A rexedora di que “seguiremos incrementando este tipo de servizos con todos os medios ao noso alcance para que isto só sexa un alto no camiño para moitas e moitos veciños, e non a plena paralización da súa actividade”, destacou a rexedora.